CRTVG

Buscar

Ferido o condutor dunha furgoneta que envorcou na A-52, á altura de Allariz

Publicado o 28/01/2020 14:34

Aparatoso accidente acontecido esta mañá na A-52, á altura do concello ourensán de Allariz. Unha furgoneta de repartición de paquetería saíu da vía, por causas que se están a investigar, e acabou envorcando e batendo contra o noiro da autovía.

A pesar da aparatosidade do sinistro, o condutor, un veciño de Bande, de 49 anos, conseguiu saír polo seu propio pé. Ao lugar trasladouse o helicóptero medicalizado, aínda que, finalmente, foi evacuado ao complexo hospitalario ourensán en ambulancia.

En principio, segundo os servizos de emerxencia, as feridas non revisten gravidade. A vítima facía unha ruta de repartición entre Ourense, Verín e Laza. O accidente obrigou a cortar a autovía, en sentido Benavente, para a aterraxe do helicóptero.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020