CRTVG

Buscar

Ferido o condutor dunha furgoneta ao bater contra un coche en Cospeito

Publicado o 31/01/2019 13:53

Eran sobre as nove da mañá cando esta furgoneta se incorporaba ao quilómetro 19.400 da estrada LU-113, que une Rozas e Abadín.

Aos poucos metros de se incorporar, o condutor fixo un xiro antirregulamentario, nunha liña continua, freando e invadindo parcialmente o carril da esquerda, presuntamente coa intención de coller estoutra saída da vía.

Nese momento, ante o inesperado da manobra da furgoneta, o camión que viña detrás non puido frear e chocou contra ela frontolateralmente.

Como resultado do choque, o condutor da furgoneta, un varón de setenta anos, sufriu un politraumatismo. O condutor do camión, un vehículo de distribución de froita, aparentemente quedou ileso, pero presentaba un estado de importante nerviosismo polo accidente.

Ata o lugar do suceso desprazáronse os bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e dúas ambulancias, unha delas medicalizada que foi na que trasladaron o condutor ata o hospital de Lugo.

A media maña os dous vehículos xa foran retirados polos guindastres e o equipo de mantemento de estradas xa rematara co labor. Os dous condutores deron negativo nas probas de alcolemia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/01/2019