CRTVG

Buscar

Ferido o condutor dun camión tras envorcar e perder a carga na AP-9

Publicado o 11/09/2017 13:45

O accidente provocou importantes retencións na autoestrada

Un home quedou ferido esta mañá tras sufrir un accidente co camión que conducía na AP-9, á altura de Pontevedra. O sinistro produciuse sobre as doce menos vinte no quilómetro 134 da autoestrada. Por causas que se descoñecen o condutor que circulaba en sentido Vigo, perdeu o control do camión e acabou envorcando. Como consecuencia do accidente parte da leña que transportaba invadiu a calzada, o que provocou importantes retencións. Afortunadamente o condutor só sufriu feridas leves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2017