CRTVG

Buscar

Ferido un camioneiro ao envorcar na estrada de Catoira

Publicado o 04/12/2017 14:20

Un camión cisterna envorcou a primeiras horas desta mañá, na estrada de Caldas de Reis a Catoira, e quedou espetado na cuneta. O seu condutor, a pesar de que tivo que ser liberado da cabina, só sufriu feridas leves. Na carga levaba aceite de oliva.

Un camión cisterna que cargaba aceite de oliva para consumo humano envorcou ás nove desta mañá, e quedou esnafrado na cuneta, tras saír da vía cando circulaba pola estrada de Pontevedra, de Caldas de Reis a Catoira. A pesar do aparatoso accidente, o condutor só sufriu feridas leves, pero quedou atrapado na cabina, polo que tivo que ser liberado polos Ges de Valga.

Efectivos da Garda Civil de Pontevedra, Protección Civil de Catoira e bombeiros de Ribadumia asistiron ao lugar do accidente, no quilómetro 4100. Neste punto, Tráfico ten previsto realizar un corte para permitir o paso do guindastre que remolca o camión sinistrado, nunha estrada de moito tránsito. 

A Garda Civil manexa como posibles causas do accidente que o condutor fose somnolento ou unha distracción. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2017