Ferido leve o condutor dun camión articulado que envorcou na A-8, en Barreiros
Publicado o 08/07/2019 14:09
E temos que falarlles dun aparatoso accidente na A-8 á altura do concello de Barreiros, na Mariña luguesa. Un camión articulado envorcou na vía. O camión quedou sobre a mediana á altura do quilómetro 524. O seu condutor quedou atrapado e tivo que ser liberado polos bombeiros. O home resultou ferido leve e foi evacuado ao hospital da Costa. O accidente, aínda que non obrigou a cortar a autoestrada, si provocou importantes retencións de tráfico na circulación en dirección a Lugo. De momento descoñécense as causas do sinistro.