CRTVG

Buscar

Ferido grave un veciño de Chantada tras chocar contra un camión do leite

Publicado o 13/07/2019 20:37

Un veciño de Chantada quedou ferido de gravidade ao colidir a furgoneta que conducía contra un camión do leite. O mozo, de 25 anos, foi trasladado en helicóptero ao hospital de Ourense. Como consecuencia do impacto, quedou inconsciente e tiveron que sacalo do seu automóbil os bombeiros.

O accidente ocorreu nunha vía estreita do Concello de Chantada. Os dous vehículos chocaron frontalmente. O condutor do camión quedou ileso.


 

Noticias web

13/07/2019