CRTVG

Buscar

Ferido grave un traballador de 54 anos ao caer dun guindastre no centro de Ourense

Publicado o 20/09/2019 21:03

Un traballador resultou ferido grave ao caer dende un guindastre nunha obra no centro de Ourense.
O operario, de 54 anos, precipitouse ao chan cando se estaba estendendo o brazo do vehículo. Participaba nas obras de demolición dun edificio na rúa Celso Emilio Ferreiro. Foi trasladado ao Complexo Hospilatario de Ourense. O seu prognóstico é grave.

Noticias web

20/09/2019