CRTVG

Buscar

Ferido grave un operario que realizaba traballos na planta de Alcoa en San Cibrao

Publicado o 05/08/2019 22:05
Ferido grave un operario que realizaba traballos na planta de Alcoa en San Cibrao

Trátase dun traballador de Reymogasa, empresa contratista de Alcoa, e veciño de Viveiro, que quedou ferido de gravidade cando realizaba traballos na planta de Alcoa en San Cibrao. 

O operario tivo un problema cunha tubaxe mentres exercía no departamento de Dixestión da fábrica, o que lle provocou queimaduras polo corpo. Como consecuencia do suceso, o traballador foi trasladado ao Hospital Público da Mariña e posteriormente ao da Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí