CRTVG

Buscar

Ferido grave un neno en Baiona tras lanzarse á auga de cabeza nun lugar con pouca profundidade

Publicado o 10/07/2020 20:56

Un rapaz de trece anos resutou ferido grave esta tarde en Baiona ao lanzarse á auga nas inmediacións do paseo da praia de Santa Marta. A marea estaba subindo e había pouca profundidade na zona. O neno bateu coa cabeza no fondo de area.

Os compañeiros, ao ver que non reaccionaba, axiña o retiraron da auga. Estaba consciente, pero dicía que non sentía as extremidades, polo que puido sufrir unha lesión medular. Membros de Protección Civil do Val Miñor inmobilizárono ata que chegou unha ambulancia medicalizada, que o trasladou ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Noticias web

10/07/2020