CRTVG

Buscar

Ferido grave un mozo tras un accidente na avenida Alfonso Molina

Publicado o 20/05/2021 12:48
Ferido grave un mozo tras un accidente na avenida Alfonso Molina

Na Coruña, un condutor de 31 anos quedou ferido moi grave esta madrugada nun accidente rexistrado na avenida de Alfonso Molina, a principal arteria de entrada e saída da cidade herculina. O home perdeu o control do vehículo, saíu despedido e quedou atrapado debaixo. Tivo que ser liberado polos bombeiros e trasladado ao hospital, onde permanece ingresado na UCI con traumatismo cranioencefálico severo e diversos golpes e contusións.

Noticias web

20/05/2021