CRTVG

Buscar

Ferido grave un motoristra tras bater cun turismo na Pobra do Caramiñal

Publicado o 01/07/2019 13:43
Ferido grave un motoristra tras bater cun turismo na Pobra do Caramiñal

Un choque entre unha motocicleta e un coche saldouse este luns co motorista ferido grave no termo municipal coruñés da Pobra do Caramiñal. Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar uns dez minutos antes das 12,00 horas deste luns. Foron varios particulares os que informaron o servizo de emerxencias dun sinistro grave entre un coche e unha moto na Rúa de Gasset, diante da Casa da Cultura da localidade coruñesa.

O persoal sanitario, debido á gravidade da situación, comunicou ao 112 a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que tomou terra no porto da Pobra. Desde alí, o equipo médico trasladouse ata o lugar onde se atopaba o ferido e, unha vez no punto, o motorista foi evacuado en ambulancia ata o lugar onde aterrara a aeronave. Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, trasladáronse ata o lugar do sinistro axentes da Policía local, os Bombeiros de Ribeira e efectivos de Protección Civil.

Finalmente, o ferido foi evacuado na aeronave ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago, confirmaron as mesmas fontes.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019