Ferido grave tras ser atropelado por un camión en Sanxenxo
Publicado o 16/02/2021 11:42
Atropelo grave en Sanxenxo. Ocorreu ás sete da mañá. Parece ser que o home estaba esperando o autobús na marquesiña e cando viu chegar os faros do camión confundiunos cos do autobús e baixou á estrada. O camión non tivo tempo de frear e bateu nel.
Ata o lugar do atropelo desprazáronse efectivos do servizo de Emerxencias de Sanxenxo, a Policía Local e a Garda Civil.
O ferido é un veciño de Bordóns de 48 anos de idade.