CRTVG

Buscar

Ferido grave tras saír da vía e chocar contra un muro en Tomiño

Publicado o 14/07/2019 19:40

Remata unha fin de semana de moitos desprazamentos nas estradas. Aínda que non coincide con ningunha operacion saída nin retorno, esta fin de semana de cambio de quincena adoita ser especialmente complicada e accidentada.

En Galicia non hai que lamentar vitimas mortais. O accidente máis grave é este que ven. Aconteceu esta tarde na estrada que comunica Tomiño con Forcadela na provincia de Pontevedra. O impacto entre estes dous coches foi tan grande que un deles quedou practicamente esnaquizado. Os bombeiros tiveron que liberar o seu condutor. Foi trasladado en helicóptero ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. No momento do seu trasladado ía consciente, pero tiña feridas moi graves. A Garda Civil investiga as causas do sinistro, pero algunhas testemuñas apuntan a un exceso de velocidade. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí