CRTVG

Buscar

Ferido grave tras golpear a cabeza no fondo do mar

Publicado o 04/09/2020 14:30

Un mozo quedou ferido grave ao saltar á auga na praia viguesa de Samil e bater contra o fondo do mar.
Ocorreu concretamente na desembocadura do río Lagares. O mozo, ao parecer estaba realizando saltos acrobáticos cunha bóla inchable, cando se tirou á auga e sufriu un forte impacto. Un bañista alertou os servizos de emerxencias porque o rapaz non se podía mover. Os socorristas sacárono da auga inmobilizado nunha padiola, e foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
 

Noticias web

04/09/2020