Ferido grave tras bater unha furgoneta de mensaxería contra un camión á altura de Allariz
Publicado o 11/06/2019 22:19

Un ferido grave tras unha colisión entre unha furgoneta de mensaxería e un camión no quilómetro 206 da A-52 en sentido Benavente, á altura de Allariz.
O suceso aconteceu ás 20.35 horas. O condutor da furgoneta, único acupante do vehículo, foi evacuado polos servizos de emerxencia que acudiron ao lugar do accidente.