CRTVG

Buscar

Ferido grave o condutor dun camión tras envorcar en Carballeda de Valdeorras

Publicado o 01/10/2019 15:40

Tivo que ser evacuado en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. O home conducía este camión cargado de lousa pola estrada OU-122, á altura de Carballeda de Valdeorras. Non se sabe o motivo pero o certo é que perdeu o control do vehículo, saíu da vía e acabou envorcando.

O home quedou atrapado no interior da cabina. Foi precisa a actuación dos bombeiros de Valdeorras para poder sacalo. O home quedou ferido de gravidade. O equipo de Atestados da Garda Civil investiga as causas do sinistro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019