CRTVG

Buscar

Ferido grave nunha saída de vía en Goente

Publicado o 31/08/2019 20:54

Un home de cincuenta e dous anos quedou ferido grave nun accidente de tráfico nas Pontes. Conducía un coche que acabou fóra da estrada AC-564, á altura do lugar das Congostras, na parroquia de San Martiño de Goente. A vítima quedou atrapada no interior do vehículo e foi rescatada polos bombeiros do Eume.

O sinistro aconteceu nun treito recto e con boa visibilidade. A Garda Civil cre que o condutor puido perder o control por unha indisposición. Unha ambulancia do 061 trasladouno ao hospital de Ferrol.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/08/2019