CRTVG

Buscar

Ferido grave despois de bater cun camión

Publicado o 12/06/2019 08:04

Un ferido grave tras unha colisión na autovía das Rías Baixas, á altura de Allariz. O ferido, evacuado en helicóptero, era o condutor desta furgoneta, que bateu contra un camión a última hora da tarde de onte.

Os danos materiais foron importantes nos dous vehículos, e a Garda Civil cortou momentaneamente o tráfico para facilitar as manobras da aeronave.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019