CRTVG

Buscar

Ferido grave ao chocar o seu coche cunha casa en Cabana, Pontevedra

Publicado o 14/12/2019 14:42
Ferido grave ao chocar o seu coche cunha casa en Cabana, Pontevedra

Antes das sete da mañá, noite pecha aínda, un coche cun único ocupante, o condutor, segue recto por riba do céspede central da rotonda que ven. Quilómetro 124 da N-550 no lugar de Cabana.

Garda Civil Sarxento Óscar Álvarez, do destacamento de Tráfico de Pontevedra di que observaron que foi unha saída de vía, pola marxe dereita. Un BMW, conducido por un varón, chocou contra a casa  e como consecuencia resultou ferido de gravidade.

Dous camioneiros, testemuñas do accidente, chaman os servizos de emerxencia.

Un veciño di que dous rapaces que pasaban cun camión ao contrario e viron como voaba o coche.

José Ramón Cousa, o propietario da vivenda afectada conta que as testemuñas, os homes que chamaron a emerxencias, ían en dirección contraria, cara a Vigo, e viron o coche voando contra a casa.

Non é a primeira vez que a casa de José Ramón Cousa recibe o impacto dun vehículo.

José Ramón Cousa, propietario da vivenda afectada explica que estaba na cama e que se lle moveu todo e que se dixo así mesmo "outro que petou contra a casa". Porque di que este coche xa debe ser o terceiro ou cuarto. Conta que o último vehículo lle fíxo un burato na parede de abaixo e que esa vez saíron voando as pedras ao outro lado da casa.


O coche acaba nesta propiedade a un desnivel de tres metros. Leva por diante o valado azul, bate coa casa branca e acaba neste terreo, a tres metros por debaixo da estrada. Por iso, aínda que o condutor non foi excarcerado, si tivo que ser ascendido á estrada cunha escada manual e cunha padiola, cun sistema de cordas e poleas que activaron os bombeiros de Pontevedra.

Noticias web

14/12/2019