CRTVG

Buscar

Ferido de gravidade un vello coñecido da policía ao caer dun cuadriciclo en Celanova

Publicado o 31/08/2019 12:52

En Celanova quedou ferido de gravidade un home que circulaba nun cuadriciclo. Os servizos sanitarios e os axentes da Garda Civil identificaron axiña ao protagonista deste sinistro. É un vello coñecido das forzas de seguridade e conta con antecedentes por varios delictos, a maioría relacionados co tráfico de drogas. O home de 68 anos, alcumado o Paspallo, saiu da vía e caeu do vehículo. Duplicaba a taxa de alcolemia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/08/2019