CRTVG

Buscar

Ferido de gravidade un camioneiro ao perder a carga na Fonsagrada

Publicado o 06/04/2021 16:18

Un camioneiro quedou ferido de gravidade nun accidente de tráfico rexistrado esta mañá no concello lugués da Fonsagrada. O condutor perdeu o control do vehículo nunha curva e acabou envorcando.

O home, que quedou atrapado no interior da cabina, estivo consciente en todo momento, pero os traballos de excarceración foron complexos e duraron case dúas horas. Despois foi trasladado por un helicóptero en estado grave.

O camión, que transportaba troncos de madeira, perdeu a carga e a estrada quedou cortada en ambas dúas direccións.

Noticias web

06/04/2021