CRTVG

Buscar

Sofre un accidente aparatoso en Moaña ao bater contra un farol e unha casa

Publicado o 29/10/2019 08:44

Aparatoso accidente en Moaña. Un mozo de 20 anos co carné acabado de sacar esnafrouse contra un farol e unha casa da rúa Ramón Cabanillas. O condutor foi trasladado a urxencias de Moaña, sen que o seu estado revestise gravidade.

Ao sinistro acudiu a Policía Local, que viña doutro accidente: unha saída de vía dun turismo, na estrada de Marín, que chocou contra outro coche aparcado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2019

Máis sobre moaña