Feridas sete persoas nun accidente múltiple en Cambados
Publicado o 01/04/2021 17:44
Imaxes cedidas por Faro de Vigo
Unha colisión múltiple entre catro vehículos que circulaban pola VG 4.3, á entrada de Cambados, saldouse con sete persoas feridas, dúas delas menores de idade.
Segundo informa o 112, o accidente ocorreu pasadas as 12:00 do mediodía. No operativo participaron a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, os Bombeiros do Salnés e Protección Civil de Vilagarcía.
Foi preciso o uso de material de excarceración para liberar o condutor dun dos turismos. Todas as persoas feridas foron trasladadas a centros hospitalarios.