CRTVG

Buscar

Detida a muller que se tirou coa súa filla de dous anos dun segundo piso en Madrid

Publicado o 18/09/2019 13:47
Detida a muller que se tirou coa súa filla de dous anos dun segundo piso en Madrid

A policía detivo a muller de 44 anos que supostamente se tirou coa súa filla de 2 desde un balcón dun segundo piso dunha vivenda do barrio madrileño de Tetuán.

A muller, que igual que a menor sofre feridas graves, está no hospital da Paz en calidade de detida por tentativa de homicidio sobre a súa filla.

O suceso tivo lugar arredor das once da mañá no número 73 de Infanta Mercedes, cando a muller se lanzou coa súa filla nos brazos ao baleiro.

Segundo as fontes consultadas, a nai da muller e avoa da pequena estaba no interior da vivenda, pero non se decatou do que estaba a suceder.