Ferida unha muller no incendio dunha vivenda na cidade da Coruña
Publicado o 24/10/2021 12:47

Unha muller quedou ferida e tivo que ser trasladada ao hospital tras declararse un incendio nun edificio de seis andares, na rúa Antonio Ríos, na Coruña.
Segundo a información recollida polo 112, un dormitorio da vivenda afectada ardeu completamente. Ocorreu ás 20:30 horas e ata o lugar desprazáronse os Bombeiros da Coruña, Urxencias Sanitarias, a Policía Local e Protección Civil.