CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Murcia tras acoitelar a súa muller

Publicado o 02/08/2020 13:42

A Garda Civil detivo este mediodía na localidade murciana de Archena un home que acoitelou a súa muller, de 37 anos, en presenza dos seus tres fillos, de 2, 9 e 11 anos, no domicilio familiar. A vítima permanece hospitalizada con prognóstico favorable.

A agresión machista produciuse pasadas as doce da noite. O home acoitelou a muller no tórax, nunha coxa e nun antebrazo, e despois fuxiu. Horas máis tarde era localizado polos axentes preto do domicilio.

A vítima foi operada do bazo, que estaba moi danado, pero non se teme pola súa vida.
Unha familia achegada fíxose cargo temporalmente dos tres fillos da parella, á espera do que determinen a Policía Xudicial e o xuíz.

Segundo as autoridades, non constan denuncias previas por malos tratos. O presunto agresor está pendente de pasar a disposición xudicial nas vindeiras horas.

Noticias web

02/08/2020