CRTVG

Buscar

Cortan durante horas a A-52 na Cañiza ao envorcar un camión cargado de porcos

Publicado o 14/08/2020 15:01

Durante case tres horas os bombeiros do Porriño, os de Ponteareas e o GES de Ribadavia traballaron arreo para liberar a muller. Ía de copiloto no camión e quedou atrapada o envorcar o vehículo.

O camión transportaba porcos a un matadoiro do Porriño. Moitos dos animais morreron ou quedaron malferidos. Houbo que cortar a A-52 nas dúas direccións, en previsión de que algún escapase e puidese causar outro accidente.

O sinistro causou contra o mediodía importantes retencións na A-52 a altura do desvío da Cañiza en sentido a Vigo. Un guindastre encargarase de retirar o camión nas vindeiras horas para que o tráfico poida restablecerse por completo.

 

Noticias web

14/08/2020