CRTVG

Buscar

Ferida grave unha muller á que varios mozos golpearon e roubaron en Vitoria

Publicado o 13/05/2019 21:12

Ferida grave unha muller de 75 anos á que varios mozos roubaron e golpearon no ascensor da súa casa en Vitoria.

Todo indica que dous homes a seguiron ata o portal da vivenda e subiron con ela no ascensor. Alí, golpeárona e roubáronlle as súas pertenzas. Os berros da muller alertaron os veciños.

A vítima foi trasladada de inmediato ata un hospital, onde permanece ingresada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019