CRTVG

Buscar

Ferida grave unha anciá en Vigo pola trabadura dun pitbull

Publicado o 30/04/2021 13:34

O ataque produciuse no portal dunha rúa de Vigo cando Consuelo agardaba polo ascensor. O pitbull dos veciños do segundo abalanzouse sobre ela e non deixou de trabala ata que foi socorrida pola familia do primeiro andar. Tiveron que separala do can e foi despois cando chegaron a ambulancia, os axentes e mesmo o laceiro da Policía Local.

A muller, que malia ter 92 anos tiña moi bo estado de saúde, tivo tres roturas no queixo e tamén no solo da boca. Tras a súa intervención no Hospital de Povisa pasará máis de catro días na UCI. A familia non desbota denunciar o propietario do can, xa que non levaba bozo nin está asegurado. O can, pola súa raza e dimensións, dáballes medo a moitos veciños.

O can, que inicialmente foi retido no ascensor, está a disposición xudicial nunha canceira de Vigo. Ten microchip pero carece de seguro.