CRTVG

Buscar

Ferida grave ao bater contra un camión no concello lugués do Corgo

Publicado o 29/01/2019 13:13

Unha muller quedou ferida grave ao bater o seu coche contra un camión. Ocorreu na N-VI, á altura do concello lugués do Corgo. Xunto á ferida viaxaba o seu fillo de 13 anos que afortunadamente saíu ileso.

O accidente tivo lugar pouco despois das oito da mañá neste cruzamento da Nacional Sexta no concello do Corgo. De momento descoñécense as causas, pero todo apunta a que a muller calculou mal a saída do stop e ao incorporarse á estrada recibiu o impacto do camión. Co choque o vehículo atravesou os dous carrís e foi parar á beiravía. Todo o impacto levouno o lateral do condutor, polo que a muller tivo que ser liberada.

No momento do accidente a muller viaxaba acompañada do seu fillo de 13 anos, que, afortunadamente, saíu ileso. A muller foi evacuada ao hospital de Lugo e o seu prognóstico é reservado, aínda que ía consciente.

O sinistro provocou pequenas retencións de tráfico ao quedar habilitado un só carril. Pero ás 9 da mañá xa se retirou o camión da calzada e xa se circulaba con normalidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2019