CRTVG

Buscar

Felipe Miñambres: "Non foi a mellor rolda de prensa de Escribá"

Publicado o 19/08/2019 21:04

O director deportivo do Celta, Felipe Miñambres, saíu ao paso da polémica sobre a canteira xurdida a raíz das declaracións de Fran Escribá logo do Celta- Real Madrid. O técnico do Celta declarou o sábado que a aposta do club pola canteira "é moi bonita pero limítanos". Miñambres sinalou que: "Non foi a mellor rolda de prensa da súa historia, eu creo que non a vai lembrar coma a mellor a rolda de prensa do outro día. Dixo unha cousa pero eu en realidade creo que despois cando falo con el da canteira me transmite outra. . A canteira non limita, ao revés, viñeron xogadores canteiráns dun nivel moi alto e os que están para axudar axudan."

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019