CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Felipe dos Anjos xogará cedido no Breogán esta temporada

Publicado o 11/09/2018 21:45

O Breogán anunciou esta tarde a incorporación de Felipe Dos Anjos.

O brasileiro, que xa se adestrou esta tarde, xogará cedido esta temporada procedente do Real Madrid. As numerosas baixas obrigan o equipo lucense a reforzarse a unhas semanas do seu regreso á elite do baloncesto. O Breogán está pendente da evolución de Redivo e baralla a posibilidade de que Norel pase polo quirófano para solucionar definitivamente os seus problemas no xeonllo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018