CRTVG

Buscar

Feirantes de toda España piden en Madrid poder traballar este verán

Publicado o 24/06/2020 20:58

Os feirantes e propietarios de atraccións ambulantes saíron hoxe á rúa para reclamarlle ao Goberno que os deixe traballar. Ata Madrid, onde se desenvolveu a manifestación, desprazouse tamén unha delegación de Galicia para sumarse ás demandas dun dos sectores máis castigados pola crise da COVID-19.

A non celebración de feiras e verbenas e as medidas de prevención impostas impiden que estes profesionais poidan desenvolver a súa actividade. Din que se senten marxinados fronte á parques de atraccións e centros comerciais, que si poden abrir. Falan duns 250.000 postos de traballo directos perdidos en toda España.

Noticias web

24/06/2020