Á Feira Edicións: "Queremos que as obras teatrais non queden só no escenario, que tamén entren no imaxinario"
Publicado o 17/06/2021 17:11
Falamos con Ana Abad de Larriva, actriz e autora, e co editor César No sobre Á Feira Edicións: un proxecto editorial da compañía Feira do Leste para dinamizar o teatro e a dramaturxia galega.
Á Feira quere dar especial relevancia ás novas formas dramáticas que hibridan linguaxes e temáticas.