CRTVG

Buscar

Feira de Estudos de Posgrao en Compostela

Publicado o 17/02/2020 21:15

Son novos, preparados e moi interesados polo futuro, malia que cando lles preguntamos notan un baleiro. Un baleiro que, ante as esixencias do mercado laboral, queren encher con máis formación. A Feira é o catálogo de 29 universidades de toda España e máis de 1.200 mestrados.

Recoñecen os estudantes que a orientación é unha materia pendente nas universidades. Tamén recoñecen que o mercado laboral esixe máis formación.

Prácticas, formación e máis estudo, que se cadra lles axudará a ver o futuro máis nítido.


 

Noticias web

17/02/2020