CRTVG

Buscar

Feira da pataca e a maquinaria en Xinzo

Publicado o 04/09/2021 14:54

Leiras cada vez máis grandes e profesionalizadas requiren de maquinaria cada vez máis grande e máis dotada de avances tecnolóxicos. Só así se pode manter a produción de pataca na Limia ante a falta de man de obra e a competencia doutras zonas produtoras. Por iso, o sector da maquinaria ten unha importante presenza na feira.
"Os produtores xa veñen buscando a maquinaria que precisan para ser maís eficaces."

Pero a protagonista da feira é a pataca nas súas múltiples variedades e diferentes formas de consumo. En Alimagro non só se poden degustar senón que tamén é posible coñecer as pragas que as afectan, os xeitos de cultivala e as tendencias no mercado mundial. A promoción que supón a feira é a mellor ferramenta.

"A feira supón un escaparate para dar a coñecer o traballo e o produto."

O público está a valorar positivamente este evento, que continúa mañá, tanto na súa parte lúdica como na informativa e promocional.

"Está moi ben. Moi interesante todo."

"Impresiona a cantidade de patacas que existen."

"Gústanos ver o tradicional desta zona."

En Alimagro participan 15 expositores pero, como adoita acontecer, o meirande recoñecemento lévano os cociñeiros e as súas receitas a base de pataca.

Noticias web

04/09/2021