CRTVG

Buscar

Feijóo e Casado abren en Cotobade o curso político do PP en Galicia

Publicado o 29/08/2021 16:02

Última fin de semana de agosto, e o Partido Popular arranca o curso político. Fíxoo, como xa é tradición, na carballeira de San Xusto, no concello de Cerdedo-Cotobade. O presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, estivo acompañado do presidente nacional, Pablo Casado, nun acto con menos público ca noutras ocasións.

Ante cincocentas persoas, Feijóo quixo deixar claro que este ano vai ser o da reactivación. O da recuperación sanitaria e económica. Dixo o presidente do PP galego que Galicia nisto leva vantaxe.

A ilusión, a esperanza no futuro e a unidade foron os tres piares que marcan este arranque de campaña política.

 

 

Noticias web

29/08/2021