CRTVG

Buscar

Feijóo volve reclamar o desbloqueo total do financiamento autonómico

Publicado o 21/09/2019 10:57

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo volve reclamar, desde Arxentina, onde esta fin de semana remata unha viaxe institucional, o desbloqueo total dos 700 millóns de financiamento autonómico retidos polo goberno socialista de Pedro Sánchez.

Núñez Feijóo cualifica o trato que se lle está dando a este asunto por parte do Goberno de España como unha tomadura de pelo impropia dunha sociedade democrática como a española.  Galicia, di Feijóo, precisa o desbloqueo total deses cartos para que non haxa tensións na tesourería, e pagar en tempo e prazo a extra do nadal, os fármacos e a dependencia do mes de decembro

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/09/2019