CRTVG

Buscar

Feijóo pediralle autorización ao Goberno para convocar 3.500 prazas en Sanidade

Publicado o 27/02/2020 14:56

A oferta pública de emprego deste ano, di Feijóo, debe dar respostas ás necesidades do Sergas, non só cubrir vacantes por xubilación ou falecemento. A convocatoria, insiste o presidente, ha de ser quen de atraer médicos de familia e pediatras e solucionar a carencia de persoal en hospitais comarcais ou centros de saúde illados.

"No caso de non obter autorización do Goberno central para sacar todas as vacantes, a OPE quedaría en 973 prazas, que son 2.500 menos das que queremos ofertar. A confrontación é que os partidos que están no Goberno en Madrid digan que a temporalidade no Sergas é pola precariedade do PP de Galicia e o PP de Galicia é o que sofre a normativa estatal que é a que nos impide dar estabilidade", afirmou Alberto Núñez Feijóo.

Esta fin de semana realizaranse os exames convocados nunha OPE especial en maio de 2019 para cubrir 354 prazas nas categorías de médico de familia e pediatra e odontólogo de atención primaria, 772 postos de técnico en coidados auxiliares de enfermería e 89 prazas de matrona.

Noticias web

27/02/2020