CRTVG

Buscar

Feijóo visita o laboratorio do CHUAC, que fará diagnósticos microbiolóxicos

Publicado o 06/05/2020 15:05

Galicia vai contar cunha plataforma que permitirá obter no día diagnósticos microbiolóxicos fiables de calquera enfermidade infecciosa.

Alberto Núñez Feijóo visitou hoxe o laboratorio do Complexo Hospitalario da Coruña, que será o que desenvolva o proxecto.

A iniciativa está dotada con máis de 6 millóns de euros. Permitirá ter resultados ultrarrápidos e precisos desde o inicio dunha patoloxía infecciosa.

Noticias web

06/05/2020