Feijóo ve unha boa noticia abrir as fronteiras europeas aos turistas vacinados
Publicado o 19/05/2021 14:08
O presidente da Xunta ve unha boa noticia abrir as fronteiras europeas aos viaxeiros vacinados para impulsar a recuperación do sector turístico.
"Se iso é así, creo que é unha boa nova. O importante é ter máis vacinas, máis inmunización e máis garantías sanitarias para restablecer a primeira industria en achega ao PIB en España e a segunda de maior achegqa ao emprego, que segue a ser o turismo", afirma Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.