CRTVG

Buscar

Feijóo, único candidato a liderar o PPdeG ao non haber candidaturas alternativas

Publicado o 17/06/2021 11:46
Feijóo, único candidato a liderar o PPdeG ao non haber candidaturas alternativas

A Comisión Organizadora do XVII Congreso do PPdeG proclamou oficialmente a Alberto Núñez Feijóo como único candidato á presidencia do partido. Feijóo presentou o aval dun total de 6.119 afiliados e non hai máis aspirantes a liderar os populares galegos. O prazo para presentar candidturas remataba este mércores, 16 de xuño.

O partido, nunha nota de prensa, di que Feijóo presentou onte a súa candidatura para seguir liderando a formación en Galicia. "Non polo que fixen, senón polo que queda por conseguir", dixo.

Núñez Feijóo defendeu así a súa opción para volver liderar o partido pero evitou comprometerse a ratificar a súa candidatura de novo ás eleccións galegas de 2024 porque "do futuro falarase no futuro".

Agora comeza unha campaña intern. O candidato presentará o seu proxecto nas catro xuntas directivas provinciais, comezando por Ourense, o día 21 de xuño; Lugo, o día 28; A Coruña, o 29; e por último Pontevedra, o 6 de xullo.

O PPdeG di que este congreso autonómico será "aberto, participativo e funcional" coa vista posta non só nos equipos, senón nas propostas de futuro para Galicia. Destaca que tamén comeza un período de reactivación para configurar un proxecto competitivo co próximo reto: as eleccións municipais.

Noticias web

17/06/2021