CRTVG

Buscar

Feijóo trasládalle a Macri a "preocupación" da colonia galega pola inestabilidade na Arxentina

Publicado o 18/09/2019 21:38

É o presidente da República da Arxentina, Mauricio Macri, co da Xunta de Galicia na residencia presidencial de Olivos, en Bos Aires. Con Alberto Núñez Feijóo ían o embaixador de España, a conselleira do Mar e o secretario da Emigración. A cordialidade presidiu o encontro, en que a conversa derivou cara ás dificultades financeiras que sofre A Arxentina desde agosto.

"Falamos de pesca, de turismo, falamos da situación da política xeral en Europa e na Arxentina. Transmitinlle, loxicamente, a inquedanza que produce para os 176.000 galegos a situación de inestablidade que nas últimas semanas se vive na Arxentina", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

Alberto Núñez Feijóo confía en que a estabilidade social e económica se restableza axiña na liña do que lle expresou Mauricio Macri.

"Trasladoume o seu interese por volver á estabilidade cambiaria no país, por volver ao control da inflación, por volver ao control dos capitais e, en definitiva, por volver outra vez á senda de estabilidade neste gran país que está vivindo nas últimas semanas unha potente turbulencia financeira", afirma Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

Este encontro con Mauricio Macri coincide co ecuador da viaxe institucional do presidente da Xunta á Arxentina. Alberto Núñez Feijóo aínda ten pendentes encontros co responsable arxentino de pesca e mais cos emigrantes de Bos Aires e cos que residen na cidade de Mar da Prata.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019