CRTVG

Buscar

Núñez Feijóo pide un plan coordinado para toda España ante un eventual rebrote da pandemia

Publicado o 31/05/2020 21:10

Na reunión de presidentes, Alberto Núñez Feijóo pediu un plan para toda España ante un eventual rebrote da pandemia que facilite unha resposta rápida e coordinada. Tamén dixo que se asume competencias na fase tres permitirá a mobilidade entre provincias.

O presidente galego transmitiulle tamén varias queixas ao presidente do Goberno, entre elas a necesidade de actuar para evitar o peche da factoría de Alcoa e a perda de emprego que implica e tamén reclamou a permeabilidade nas eurocidades e na fronteira que comparten Galicia e o norte de Portugal.

Reiterou a necesidade de coñecer os criterios de reparto dos 16.000 millóns de euros ás autonomías e lembrou que Galicia conta desde hai case 30 anos coa RISGA, e con iso considera máis eficaz que as autonomías sexan as que xestionen o futuro ingreso mínimo vital.

Outros asuntos expostos por Alberto Núñez na reunión deste domingo foron que se trate a cuestión da educación e se establezan protocolos e criterios para a volta presencial ás aulas.

Noticias web

31/05/2020