Feijóo subliña o compromiso da Xunta coa "plena inclusión" das persoas con TEA
Publicado o 02/04/2021 22:33
O presidente da Xunta sumouse á campaña para defender a inclusión laboral das persoas con trastorno do espectro autista.
A través das redes sociais, Alberto Núñez Feijóo di que esta data é unha nova oportunidade para abrazar a diversidade e rachar cos estereotipos que nos impiden avanzar.
A Xunta, afirma, mantén o compromiso de acadar a plena inclusión das persoas con TEA a través da educación e o emprego.