Feijóo solicita un reforzo da vixilancia nas fronteiras galegas
Publicado o 13/01/2021 16:31
Outras das preocupacións do Goberno galego está nas fronteiras onde adoita haber trasfega de xente dun lado a outro. Por iso Galicia continuará pechada perimetralmente tanto na fronteira con Castela e León e Asturias como na fronteira con Portugal. Así, as fronteiras en Galicia permanecerán con peche perimetral.
O presidente da Xunta pediu un incremento dos controis nestas zonas onde se está a ver unha alta incidencia do virus. En concellos como Tomiño e este de Tui, onde os veciños fan vida a ambos os dous lados da fronteira e os desprazamentos son constantes, haberá un incremento da vixilancia a partir de agora.
Máis sobre actualidade
28/01/2021 09:19
28/01/2021 08:20