A Xunta avaliará o martes atrasar o toque de queda e levantar o peche de Galicia
• A máscara será obrigatoria ao facer deporte en zonas urbanas
• 20.000 veciños da Pobra do Caramiñal e O Grove, pechados perimetralmente pola explosión de contaxios
Cos datos definitivos do impacto da Semana Santa nos contaxios sobre a mesa, Feijóo cre que no comité clínico do próximo martes podería decidirse poñer o toque de recollida máis tarde das dez da noite e abrir as fronteiras da comunidade.
O que non mudará en Galicia será a obriga de usar máscara cando se fai deporte en zonas concorridas.
Sobre a vacina de AstraZeneca, o presidente da Xunta pide calma ata ter información clara das autoridades sanitarias, porque os menores de 60 non terían que poñer a segunda dose ata o mes que vén.
Con todo, Feijóo pídelle ao Goberno que aclare nunha reunión de presidentes o plan de vacinación para mandarlles unha mensaxe de tranquilidade aos cidadáns.