CRTVG

Buscar

Feijóo rexeita os criterios do Goberno para repartir o fondo dos 16.000 millóns para as comunidades

Publicado o 17/06/2020 18:58

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cargou este mércores contra os criterios "opacos, uns e impropios, outros" do Goberno para repartir 16.000 millóns de euros ás comunidades autónomas para axudarlles a superar a crise da COVID-19.

Núñez Feijóo asegurou nun acto en Santiago que comparte o espírito do fondo creado polo Executivo e que mesmo lle parece "unha boa idea", xa que foron as comunidades autónomas as que correron co maior gasto público provocado pola pandemia, en sanidade e servizos sociais,  principalemente.

"É unha pena que unha boa iniciativa, completar o financiamento de 2020 con 16.000 millóns de euros, se devalúe por criterios opacos, uns e impropios, outros", lamentou Núñez Feijóo.

Censurou que a poboación protexida teña un peso do "40 por cento", algo que considera "inaudito" e que non comparte, dixo, porque en Galicia a porcentaxe de poboación de máis de 65 anos é superior ao 25 por cento.

Tamén dixo que os criterios de repartición van contra os que se usa no modelo de financiamento autonómico e contra os que utiliza o Ministerio de Sanidade.

"Lamento que unha boa iniciativa do Goberno central se frustre por determinados intereses políticos nunha repartición desequilibrada e asimétrica de diñeiro en base ao gasto real de cada comunidade autónoma", concluíu.

Noticias web

17/06/2020