CRTVG

Buscar

Feijóo reúnese coas comunidades galegas no exterior coa vista posta no Brasil e na Arxentina

Publicado o 01/06/2020 20:12


Alberto Núñez Feijóo mantivo unha videoconferencia esta tarde cos directivos do Consello das Comunidades Galegas no Exterior. Nesta terceira reunión entre a Xunta e a colectividade dende o inicio da pandemia, o presidente díxolles que agora que a situación en Europa é mellor, o que o preocupa é América Latina. Feijóo amosou especial interese polos galegos do Brasil, un dos países máis castigados pola COVID-19, e da Arxentina, onde o virus se está estendendo polas zonas máis pobres e ateigadas de Bos Aires.

Noticias web

01/06/2020