CRTVG

Buscar

Feijóo reúnese coas autoridades arxentinas para evitar que lles poñan trabas aos produtos pesqueiros galegos

Publicado o 16/09/2019 13:23

Primeiros contactos do presidente da Xunta na súa viaxe oficial á Arxentina. Esta madrugada reuniuse con responsables das pesqueiras galegas que traballan na zona e que están a vivir un momento complexo pola crise económica que está a sufrir o país.

O 20% dos habitantes de Puerto Madrid son descendentes de galegos. Na Casa de Galicia da cidade patagónica tivo lugar o primeiro encontro do presidente da Xunta con eles. Foi o primeiro dunha serie de encontros cos galegos na Arxentina. Fejóo anímaos a que manden os fillos e os netos a estudar a Galicia.

Observa Fejóo que os galegos pasaron de ir buscar traballo a dar traballo eles a unhas 5.000 persoas que se dedican á pesca.

A viaxe de Feijóo tamén ten un carácter económico. Pretende mediar entre a industria de pesca galega asentada na Arxentina e as autoridades locais que lles poñen trabas crecentes para a exportación dos seus produtos.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019